Berlai

B
erlai é música e ilustración. Un collage de cancións, deseños, poemas,
secuencias… Pezas independentes que cobran un sentido novo ao facerse
partes do todo.
No concerto podes desfrutar da música de Berlai, e da narrativa ilustrada en
directo. Unha travesía por unha historia emotiva e real: A historia de un home
descoñecido, de un home solitario, que preferiu vivir a súa vida como se fose un
soño.
Unha historia que mestura de maneira explosiva realismo sucio, cru e obsceno
co lirismo máis refinado. O romantismo e a historia de amor non conseguen
escapar do sexo, da loucura e do desespero.