PABLO VIDAL GROUP

"Tras ""Jazz PAGANO"" (2015), “ORIXE” é o título da nova xira e disco do PABLO VIDAL GROUP (Pablo Vidal: contrabaixo, Gabriel Peso: piano e Noli Torres: batería coa participación de Narci Rodríguez: voz, Ton Risco: vibráfono e Sarunas Pupelis: saxo.)
As músicas do grupo reflicten o eclecticismo compositivo de Pablo Vidal xunto a forte personalidade da banda que tanto fusionan jazz con música tradicional, como Rock sinfónico con músicas do mundo e Latin Jazz creando un son moi fresco, característico e recoñecible. En calquera caso, auténtico JAZZ CONTEMPORÁNEO GALEGO. "