Sabela King and The Heartbreakers

Trío formado Sabela King, Ramón Figueira e Benjamín Vázquez, todos eles membros de The Lákazans. Estilísticamente móvense entre o blues o country e o soul, adaptando versión dos clásicos destes xeneros a un formato reducido. Parte do repertorio está formado por temas propios. Nos espectáculos de este trio cabe destacar a poderosa voz de Sabela King, que tanto pola sua sensibilidade, como polo seu timbre de voz, recorda ás grandes voces do soul e do blues. Tanto a escolla dos temas coma a forma de arranxalos e interpretalos fan que os seus concertos sexan unha pequena viaxe ó pasado.