marcos teira TRANSLATIONS TRIO

Marcos Teira é un guitarrista de dilatada traxectoria tamén dentro do panorama da guitarra flamenca. Con varios discos publicados ao seu nome, así como o libro/disco FLAMENCO TRANSLATIONS, presenta aquí o repertorio do seu próximo disco que en breve estará disponible para todos.

marcos teira TRANSLATIONS TRIO utiliza un repertorio de músicas adaptadas á linguaxe da guitarra flamenca. De distinta procedencia e autoria, as músicas dende john lennon ata charles mingus por bulerías ou fandangos...

O trio utiliza os ritmos flamencos e a liberdade do jazz para adaptar e reubicar clásicos nunha paisaxe nova e suxerente... Non é flamenco, tampouco é jazz; é as duas cousas e non é ningunha delas...

TRANSLATIONS TRIO aposta pola escolla escrupulosa do repertorio para que se adapten á premisa dos paus flamencos, así como nos arranxos que coidan e personalizan ca idea de recrear as composicións facendo viaxar ao público a través de unha nova e suxerente paisaxe sonora.