AldaoLado

"CRIA FAMA E BOTATE A CORRER
Tras o seu paso polo Luar, Aldaolado reflexionan sobre as virtudes e baixezas da fama. E que mellor lugar para facelo que sobre os escenarios e con este novo espectáculo onde as poetas se reinventan a si mesmas, airean as súas vergoñas antes de que o fagan nas revistas de papel cuché e comparten cos asistentes os poemas que as sacarán de pobres e aqueles que merecen os máis escuros agochos. Cría fama e bótate a correr sérvese da unión de poesía, música en directo e humor que caracteriza o dúo, pero nesta ocasión achega novas cancións, poemas inéditos e inesperadas sorpresas para quen desexe emocionarse e rir nunha velada que é moito máis ca un recital de poesía."