PABLO VIDAL TRÍO



Pablo Vidal Trío, unha orixinal proposta de jazz contemporáneo con raíces galegas, que nace e crece en Vilagarcía de Arousa.

O trío, liderado por Pablo Vidal ao contrabaixo, Gabriel Peso no piano e Noli Torres na batería, fusiona jazz con sons galegos, creando melodías que se afastan do jazz academicista que domina a escena actual.

“Jazz Pagano” (aldeaglobal, 2015) é o título do seu primeiro traballo discográfico.

“Jazz Pagano” é un percorrido imaxinario polas rías de Galicia a través de oito temas compostos por Vidal, unha sinfonía na que as oito pezas seguen un fío condutor: o mar. Ondas jazzísticas que, hoxe, rompen na Pousada das Ánimas.

Nestas datas están a gravar o seu novo CD que será editado no 2018.